viernes, 3 de junio de 2016

EXCURSIÓN A POBO AVENTURA

Este venres fomos de excursión os cursos dende 1º ata 4º de primaria. Levounos o autobús pola mañá ata o lugar de Teixeiro a un espazo á beira do río Carregal, afluente do Mandeo, onde uns monitores agardaban por nós para facer varias actividades no entorno da natureza. O día non puido estar millor. Logo de rematar as actividades programadas viñemos xa para As Pontes pero fixemos unha paradiña en Vilalba, na súa praia fluvial. Alí merendamos e estivemos pouco tempo.
Foi unha xornada do máis divertida

 

lunes, 30 de mayo de 2016

XADREZ

Este último luns de maio foi a despedida das clases de xadrez por este curso. Esperemos que o vindeiro podamos seguir aprendendo con estas clases e con Rafa. Moitas grazas por ensinarnos tanto!




viernes, 27 de mayo de 2016

PREMIOS ONCURSOS RECICLADO E LETRAS GALEGAS

Este venres entregáronse os premios destes dous concursos que xa están instaurados no noso cole logo de tantos anos. Foi na biblioteca do cole. Dende aquí os meus parabéns a todos e todas que participaron cos seus traballos, en especial a Andrea e Noa que destacaron no Certame das Letras Galegas e a Noa, Érika e Gabriel así como o traballo colectivo de reciclado que recibiron agasallo polo traballo de reciclado.
Moitos parabéns a todos e todas polos traballos tan bonitos que presentaron.


jueves, 26 de mayo de 2016

ESCRIBIMOS CON PLUMILLA

Imitamos aos nosos antepasados cando non había bolígrafos e tiñan que escribir con tinta e plumillas. E non nos saiu tan mal!!


martes, 24 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA

Este mércores tivemos un acto ben bonito na biblioteca do pobo. Organizado pola asociación Hume achegouse ata a nosa vila a escritora e amiga Mercedes Queixas Zas para falarnos do seu último libro sobre Manuel María "Labrego con algo de poeta".Foi unha exposición moi emotiva e moi didáctica. Dende aquí quero agradecer aos meus lumnos e alumnas: Óscar, Andrea, Noa, Érika, Daniel, Lara e Destaw e aos seus pais que puideran achegarse ata a biblioteca e quer puidéramos disfrutar do recitado de dous poemas de Manuel María. Encantounos a todos o ben que o fixeron. 
Moitas grazas!!!


viernes, 20 de mayo de 2016

TRABALLOS DE RECICLADO

Como todos os anos voltamos a participar no concurso de reciclado que dende a Aula de Medio Ambiente xa leva concocado 17 edicións. Todos trouxemos un traballiño feito na casa e fixemos un colectivo que elaboramos na aula. Mirade o resultado.

miércoles, 18 de mayo de 2016

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe celebramos no cine Alovi o noso festival a Galicia, a nosa lingua e a Manuel María. Logo de ter ensaiado e practicado a obriña que levaba por título "Camiñando con Manuel María" nenas e nenos de 2º e 3º de primaria, e con algo de nervios por como nos sairía por fin representamos da mellor maneira que sabíamos facer. E vaia que ben nos saiu...Teño que dar os parabéns máis agarimosos aos meus nenos e nenas que estiveron de 10...tamén aos compis de 2º que xuntiños formamos un gran equipo. e, por suposto, aos profes que botaron unha boa man.
Un bico para todos vós. SODES O MILLOR!!!
Unha cousa teño moi clara...que se Manuel María nos vira ía estar super feliz e facéndonos un guiño.