viernes, 12 de noviembre de 2010
MAGOSTO
MAGOSTO
viernes, 5 de noviembre de 2010
MENUD@S COCIÑEIR@S !!!!!!!!!!!!!!!
Por se vos apetece facelo os ingredientes son: 4 ovos, 200 gr de nata, 200 gr de azucre, un sobre de levadura, 200 gr de fariña e unhas poucas uvas pasas.
E bo proveito!!!!!!!!!!!
jueves, 4 de noviembre de 2010
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

"A negación da existencia de ciencia en galego e de ciencia galega terá importantes consecuencias no futuro do país, xa que transmite a idea preconcibida dun pobo sen pasado, sen ciencia, dun pobo colonizado, incapaz de xerar cultura científica, de modo que o alumnado aprenda a resignarse a ser mera man de obra dos científicos doutros países", salienta este escrito.
"Que a lingua galega é un vehículo natural para a Ciencia amósase e demóstrase na gran cantidade de publicacións en lingua galega do profesorado de Ciencias galego", nos congresos, exposicións, concursos, obradoiros, proxectos de tecnoloxía como os recollidos na web da Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia.
Nese día "reclamaremos que os galegos teñamos quen nos comunique as novas, quen nos dea conta dos últimos achados dunha forma rigorosa e crítica. Reclamamos a ciencia, o galego, e a Ciencia en Galego", engade.
O Día da Ciencia en Galego dedicarase a Afonso X, Ramón María Aller e James Clerk Maxwell. "A temática ben se pode agrupar arredor de Atopa o galego na Lúa ou Co galego chegamos á Lúa, xa que os tres homenaxeados teñen un cráter dedicado na Lúa: Atopar eses cráteres pode ser un dos exemplos de actividades nos que se dea a coñecer a imaxe de marca da Ciencia en galego: autoestima galega e poder da ciencia en galego. Un científico universal, Afonso X, que falaba galego, un dos grandes poetas galegos, ten merecidamente un cráter denominado Alphonsus polas súas contribucións á Ciencia europea mediante as traducións da ciencia árabe", afirma o documento.
"O cráter Aller-Atwood homenaxea un astrónomo que promove a modernización científica galega do seu tempo e funda o primeiro observatorio astronómico galego. A primeira Facultade de Ciencia galega é herdeira do seu labor", sinala
"James Clerk Maxwell é o noso modelo de científico galego futuro. Un científico universal, da nosa área atlántica, xenial como queremos que sexan os nosos novos científicos e as nosas novas científicas",
jueves, 28 de octubre de 2010
TEMPO DE OUTONO: COGUMELOS E SAMAÍN
Ao longo destes días fixemos actividades relacionadas coa estación na que estamos. Entre elas trouxemos, cada un de nós, froitos desta época cos que fixemos unha exposición e logo degustamos, como no caso do día que asamos castañas das recollidas no patio.
Igualmente elaboramos un traballo de cogumelos feitos con masa moldeada que lle dimos cor e colocamos nunha máis grande formando un Carrusel de pequenos cogumelos. Este traballo presentámolo para o concurso que organiza o concello con ocasión de celebrar esta feira na nosa vila. Tamén coreamos e recortamos folliñas para completar o mural da entrada. Por último, este xoves, achegámonos ata a biblioteca para escoitar un fermoso conto "A bruxa Regañadentes", coa voz estupenda de Oliva e cunha biblioteca ambientada para a ocasión . Había un montón de cabazas decoradas na clase de inglés coa súa profe Angeles.
Gustounos moito e pasamos un rato divertido.
lunes, 18 de octubre de 2010
SEMENTAMOS CASTAÑAS
Esperamos conseguir fermosos castiñeiros.