viernes, 6 de junio de 2014

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE: A NOSA EXCURSIÓN

Onte, 5 de xuño, conmemorábase esta data medioambiental tan importante. E a nosa mellor manera de celebralo foi organizar a excursión de fin de curso indo á Granxa escola da Casa Grande de Xanceda e ao Museo de Brañas de Valga. Ata alí fomos en dous autobuses o alumnado dende 1º a 4º de primaria con 6 mestras. Tivemos unha xornada cun tempo estupendo que nos permitiu disfrutar tanto da experiencia nesta granxa ecolóxica na que aprendimos tanto e logo pola tarde visitar o Museo de oleiría de Brañas de Valga e facer obradoiros co barro.
Como tantas cousas fixemos case vos deixamos cun collage de fotos que van a amosarvos de mellor forma o que aconteceu esa xornada. Foi intensa pero moi aproveitada.
E xa me diredes se a nosa excursión está relacionada co Medio Ambiente!!!!
Ah!! Non podemos esquecer os agradecementos: ás mestras acompañantes, a maiores das titoras, que foron Blanca e Angeles. Aos conductores dos autobuses e pola parte de 1º un pouco máis a Pablo que botou unha man en toda a visita que fixemos á granxa. E, como non, ás monitoras encantadoras que nos guiaron, amosaron e ensinaron tanto na granxa como no museo. Moitas grazas a todos eles!!!!!!
Nas dúas primeiras composicións podedes ver parte do que fixemos pola mañá na Casa Grande de Xanceda. No último hai unha pequena mostra do que disfrutamos en Brañas de Valga.



sábado, 17 de mayo de 2014

A NOSA LINGUA VIVA!!!!!!!

Felices 365 días para as nosas Letras Galegas!!!!!

viernes, 16 de mayo de 2014

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe participamos nun fermoso festival celebrado no cine Alovi. Puidemos ver e escoitar diversas actuacións como teatro, cancións, bailes, recitado de poemas. Foi unha mañá de diversión e celebración pero tamén de nervos. Non sabíamos como ía ser o noso poema-baile do "Gaiteiro repoludo". Pero teño que dicir que estamos moi ledos do resultado final.
Quero felicitar aos meus 11 artistas que o fixeron xenial e merécense un aplauso ben forte. Grazas igualmente a Marita, a nosa profe de Música, e aos papás e familiares que se achegaron ata o cine para vernos.
Queda por subir o vídeo que en canto o teña preparado xa o fago. Pero non podía esperar en darlle os parabéns polo seu bo facer. Un bico enorme para estos nenos e nenas de 1º.



lunes, 12 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS

Estamos inmersos na semana adicada a celebrar a festividade das Letras Galegas.Oficialmente é así todos os anos pero, como todas as conmemoracións, días para lembrar a nosa lingua son os 365 de cada ano.
O persoeiro homenaxeado este ano é o case veciño Xosé Mª Díaz Castro.
Na aula estamos traballando sobre a súa obra e a súa vida.
Pero como sabemos que a orixe desta festividade parte da nosa Rosalía de Castro a Ela queremos rendirlle unha homenaxe. Por iso estamos a ensaiar un poema desta grande escritora titulado "Un repoludo gaiteiro". Faremos unha humilde representación este venres no festival que celebraremos no cine Alovi.
Xa vos contaremos!!!



miércoles, 7 de mayo de 2014

DÍA DA CIENCIA

Este mércores puidemos participar, na biblioteca do noso cole, nunha serie de experimentos científicos cos que aprendimos e disfrutamos moitísimo. Había un monitor cun montón de artiluxios e materiais que durante unha hora, e xunto cos cursos de 2º e 3º, explicou cousas ben interesantes!!!!


martes, 6 de mayo de 2014

POR FIN!!!! ACTIVIDADES NO NOSO HORTO

Xa era hora de poder ir plantar no horto do cole. Veredes unha 1ª imaxe de como estaba de todo este inverno de tanta inclemencia. Este luns baixamos o noso curso e a clase de 5 anos.Tivemos a axuda dun experimentado agricultor. Trátase de Abel que trouxo as plantiñas, sementes e máis botou unha man para mover a terra do horto e de abonala.
Plantamos espinacas, repolo, leitugas,fabas, xudías, patacas,cabazas e calabacín.
Tamén na parte de atrás do invernadoiro sementamos cabazas co ánimo de ter a colleita cando sexa o Samaín.
Da mesma maneira operarios do Concello remataron de preparar a desfeita que houbo este inverno no invernadoiro.
Así que agora queda coidar da plantación e ver como medran esas hortalizas!!!

domingo, 27 de abril de 2014

CONCURSO DE RECICLADO

Neste mes estivemos traballando para participar xa na 15º convocatoria do concurso que convoca a Aula de Medio Ambiente do noso cole.E fixémolo dende a aula presentando dous traballos feitos con rolos de papel reutilizados e transformados á nosa maneira. Conseguimos facer un móbil e un organizador de escritorio.
Tamén participamos facendo traballos nas casas coa colaboración das familias.E a verdade é que houbo unha grande variedade de motivos reutlizando e reciclando moitas das cousas que ás veces van directamente ao lixo. Podemos ver como nos implicamos traballando todos e todas na clase e tamén o resultado final que presentamos ao concurso.