viernes, 25 de abril de 2014

PROXECTO : A FARMACIA NATURAL

Logo deste período de descanso puidemos comprobar que das 23 sementes que plantáramos a finais de marzo moitas delas xa agromaron. Sen embargo aínda temos unhas cantas que se resisten. Para a vindeira ocasión contarvos algo máis e tamén se recoñecemos algunha delas. Estamos ansiosos por saber máis desta plantación.



miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Hoxe celébrase, como tódolos anos, o Día Internacional do libro. Na nosa clase estiven lendo estes días un libro que nos deixou engaiolados. Trátase de "Raúl" da escritora Helena Villar Janeiro. A reseña do libro según a autora é a que segue:
"Raúl era un neno moi bó. Todos o queren. Os pais e os avós pensan que é o mellor neno do mundo. Pero non se decatan de que Raúl ten un grave problema. Raúl non sabe dicir que non. Non sabe este neno, nacido en Compostela, dicir: "non" no momento adecuado, e pode poñer a calquera en serios apuros." 
Logo de lelo todo e escoitalo atentamente fixeron un traballiño sobre el que poñeremos noutro momento.
Tamén nos achegamos ata a biblioteca para escoitar uns relatos por parte de nenos e nenas dos cursos de 2º, 3º e 4º de primaria.


lunes, 21 de abril de 2014

FAGAMOS ALGO XA: 22 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA TERRA

O Día da Terra (en inglés Earth Day) é o nome dunha celebración festiva que se corresponde con dous acontecementos: o Día Internacional da Terra, que se celebra o 20 ou 21 de marzo e o Día da Terra do 22 de abril iniciado nos Estados Unidos en 1970, e que continúa celebrándose aínda hoxe nese día. A festividade foi creada para lembrarnos a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación ó que os humanos o estabamos sometendo. A través da celebración preténdese aumentar a consciencia con relación ó medio e os problemas ambientais.

jueves, 3 de abril de 2014

VISITA A UNHA EXPOSICIÓN INTERESANTE

Esta semana achegámonos ata os corredores de Secundaria para ver unha exposición que tiña por título "Mulleres nas Artes e nas Ciencias".Unha das súas autores soubemos que é Rocío Chao que foi mestra no noso cole.
Aínda que alí había moita información que para nós non nos era moi familiar sí que vimos a alguén coñecida que era Rosalía de Castro xa que a súa foto a temos na nosa aula e xa falamos varias veces dela e da súa obra.
Aprendimos e disfrutamos con ela!!!

martes, 1 de abril de 2014

APRENDEMOS DIFERENTES SEMENTES E MERENDAMOS FROITA

Seguimos inmersos no proxecto das "Plantas". Estamos distinguindo distintas maneiras de poder conseguir unha nova plantiña: por esquexe, unha semente metida en terra, unha semente metida en auga... Igualmente vimos que as sementes poden ser de moi diferente forma, tamaño, cor...
Por iso aproveitamos a facer dúas experiencias este martes. Coñecer froitas diversas, verlle as súas sementes, comprobar o seu sabor, cor, olor e merendar de forma saudable e rica.

viernes, 28 de marzo de 2014

A FARMACIA NATURAL

Esta semana recibimos un kit con todo o necesario para poder participar nunha experiencia proposta dende "educaBarrié". Trátase dun proxecto de investigación na aula sobre botánica e propiedades saudables nas plantas que coordina este grupo.
Comezamos a 1ª fase que trata do cultivo das sementes. Foron 23 especies de aromáticas-medicinais que sementamos entre o alumnado de 1º e 4º de primaria.
Témolas na repisa da ventá da nosa aula vixiando de regalas e atendendo a cando comecen a agromar.
Xa vos iremos contando!!!!


sábado, 22 de marzo de 2014

ÁRBORE E AUGA : FONTES DE VIDA

Onte conmemoramos dúas datas moi importantes. Era o día da árbore e hoxe o día da auga.
Durante toda a mañá contamos coa presenza dun grupo de persoal do Distrito Forestal de Ferrol con Mónica Estévez como técnica responsable. Moito saben sobre o coidado e mantemento dos nosos bosques e ríos. Todo o alumnado pasou pola biblioteca en diferentes quendas para escoitar e visualizar o que alí nos contaron. Houbo de todo: vídeos, contos, xogos, explicacións, cancións. A verdade é que a parte de aprender moito divertímonos e concienciámonos, se cabe, un pouco máis.
Aquí vos deixo unha mostra do noso paso (1º, 2º e 3º de primaria) pola biblioteca no día de onte.
Moitas grazas a todos eles e en especial a Mónica que programou unhas sesións didácticas que gustaron moito. Queremos seguir contando con vós en vindeiras ocasións. E tamén aproveito para destacar o voso traballo en favor sempre do noso medio ambiente.



Outra actividade foi transplantar os castiñeiros que tíñamos na nosa clase. Lembrades que sementáramos castañas no outono??, pois estivémolas coidando na aula con moito mimo!!!!. E agora chegou o momento de darlles un pouquiño máis de espazo. Tivemos a axuda do noso conserxe José Antonio ao que lle queremos dar as grazas por botarnos unha man.
Mirade que grandes van!!!!