No día de onte visitamos o horto e o viveiro para ver como estaba todo, logo de tantos días sen ilo ver. Comprobamos que as nabizas xa medraran pero estaban moi xuntas. Decidimos recoller un bo montonciño e propúxenlles facer un caldo para o día seguinte. Quedamos en que traeríamos os ingredientes da casa ( non da tenda).
Foi así como fixemos unha actividade que tiña que ver co proxecto que estamos a traballar na aula. Ten que ver cos distintos tipos de alimentos, así como recuperar costumes dos nosos devanceiros.
E está claro que a receita do caldo galego cumple estas dúas premisas.
A verdade é que foi unha fermosa e saborosa experiencia.
Hai que dar de novo as grazas aos pais/nais por seguir a colaborar con nós.
viernes, 14 de enero de 2011
jueves, 30 de diciembre de 2010
BO NADAL!!!!!!!!!!!
miércoles, 22 de diciembre de 2010
FESTIVAL DE NADAL
No día de hoxe baixamos ata Dopeso para celebrar o festival de infantil e primaria. Houbo actuacións por parte de todos os cursos. Cantáronse varias panxoliñas, bailáronse algunhas delas e houbo recitado tamén. Grazas, como sempre, á nosa profe Marita que é na súa clase de música onde se ensaia e traballa a maior parte destas actuacións. Polo medio desas intervencións fomos intercalando a entrega de premios do calendario medioambiental 2011. E todo isto baixo a atenta mirada dun fermoso decorado que puxéramos o día anterior e do que foi artífice o mestre José Mª. Foi unha xornada entretida e divertida na que disfrutamos moito todos o que alí estivemos.
lunes, 20 de diciembre de 2010
PINTURA DE LUIS SEOANE
viernes, 26 de noviembre de 2010
DÍA DOS BOSQUES AUTÓCTONOS: FRAGAS DO EUME
Nesta semana adicamos dous días a escoitar a Roberto Hermida, membro da asociación medioambiental DROSERA, na nosa biblioteca.
Falounos dos bosques autóctonos, da súa importancia, da súa biodiversidade tanto vexetal como animal. Sabe moitísimo das nosas Fragas do Eume. Tamén do entorno do río Eume.
Veu o martes para estar con nenos e nenas de secundaria. O venres foron infantil e primeiro ás dez e media e de 11 a 12 horas fomos os cursos dende 2º a 6º.
Vimos unhas fotos preciosas e escoitámolo con moita atención.
Aprendimos moito.
Moitas grazas, Roberto, pola túa boa disposición para colaborar con nós!!!!!!!!!!!
martes, 23 de noviembre de 2010
DÍA DOS BOSQUES AUTÓCTONOS
O Parque Natural das Fragas do Eume foi creado no ano 1.997, ten unha superficie de 9.125 Ha ., e abrangue os concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, As Pontes e Pontedeume.
As fragas do río Eume son un dos últimos reductos representativos do que foi o bosque autóctono que cubría Galicia. Destacan pola súa biodiversidade, atopándose nelas ata 23 especies distintas de árbores, 21 de fentos , 250 de liques e brións, 100 de fungos e 126 de animais vertebrados (en moitos casos especies protexidas pola súa rareza ou escasez).
sábado, 20 de noviembre de 2010
OS DEREITOS DA INFANCIA
Non chega con adicarlle un día. Temos que facelo os 365 días de todos os anos.
ELES E ELAS NECESÍTANNOS!!!!!!!!!!!!!!!!
ELES E ELAS NECESÍTANNOS!!!!!!!!!!!!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


