miércoles, 22 de diciembre de 2010

FESTIVAL DE NADAL



No día de hoxe baixamos ata Dopeso para celebrar o festival de infantil e primaria. Houbo actuacións por parte de todos os cursos. Cantáronse varias panxoliñas, bailáronse algunhas delas e houbo recitado tamén. Grazas, como sempre, á nosa profe Marita que é na súa clase de música onde se ensaia e traballa a maior parte destas actuacións. Polo medio desas intervencións fomos intercalando a entrega de premios do calendario medioambiental 2011. E todo isto baixo a atenta mirada dun fermoso decorado que puxéramos o día anterior e do que foi artífice o mestre José Mª. Foi unha xornada entretida e divertida na que disfrutamos moito todos o que alí estivemos.

lunes, 20 de diciembre de 2010

PINTURA DE LUIS SEOANE










Unha das actividades deste mes foi a de compoñer un dos debuxos que forman o conxunto das pinturas que adornan o patio do centro. Nós fixemos a composición titulada "paxaros e sol".Traballamos todos e todas nel. Ao final saíu un cadro ben chuli. A nós gustounos moito!!!!!!!.

viernes, 26 de noviembre de 2010

DÍA DOS BOSQUES AUTÓCTONOS: FRAGAS DO EUME




Nesta semana adicamos dous días a escoitar a Roberto Hermida, membro da asociación medioambiental DROSERA, na nosa biblioteca.
Falounos dos bosques autóctonos, da súa importancia, da súa biodiversidade tanto vexetal como animal. Sabe moitísimo das nosas Fragas do Eume. Tamén do entorno do río Eume.
Veu o martes para estar con nenos e nenas de secundaria. O venres foron infantil e primeiro ás dez e media e de 11 a 12 horas fomos os cursos dende 2º a 6º.
Vimos unhas fotos preciosas e escoitámolo con moita atención.
Aprendimos moito.
Moitas grazas, Roberto, pola túa boa disposición para colaborar con nós!!!!!!!!!!!

martes, 23 de noviembre de 2010

DÍA DOS BOSQUES AUTÓCTONOS

O Parque Natural das Fragas do Eume foi creado no ano 1.997, ten unha superficie de 9.125 Ha ., e abrangue os concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, As Pontes e Pontedeume.

As fragas do río Eume son un dos últimos reductos representativos do que foi o bosque autóctono que cubría Galicia. Destacan pola súa biodiversidade, atopándose nelas ata 23 especies distintas de árbores, 21 de fentos , 250 de liques e brións, 100 de fungos e 126 de animais vertebrados (en moitos casos especies protexidas pola súa rareza ou escasez).


sábado, 20 de noviembre de 2010

OS DEREITOS DA INFANCIA

Non chega con adicarlle un día. Temos que facelo os 365 días de todos os anos.
ELES E ELAS NECESÍTANNOS!!!!!!!!!!!!!!!!


viernes, 12 de noviembre de 2010

MAGOSTO

Logo de rematar os nosos colares tocou baixar ao recreo, onde nos esperaban ricas castañas asadas e batidos de chocolate. Todo esto grazas aos membros da ANPA que sempre se preocupan de que esta festa saia tan apetitosa. Para rematar a xornada non podían faltar os xogos tradicionais. Fixémolos no patio e estiveron organizados polo noso profe Pablo e coa colaboración de todo o equipo de mestres de infantil e primaria. Tamén en Secundaria tiveron esta xornada con actividades preparadas para eles. Foi unha xornada moi divertida!!!!!!!!!!!!!!

MAGOSTO

Este venres celebramos nas aulas e en todo o centro a festa da castaña. Nós comezamos cocendo algunhas, xa que non chegaran as que viñan cocidas das casas, para poder elaborar o noso colar de "zonchos". Esta é unha tradición dos nosos antergos. Consistía en facer colares logo de cocer as castañas con monda e poñéndolles unhas poliñas de fiúncho. Estábamos tod@s ben guap@s !!!!!!!