viernes, 4 de junio de 2010

CONCERTO AO AIRE LIBRE

Case todos estabamos alí. Foi esta mañá, na Praza Vermella, que o Conservatorio seguindo co seu 20º anversario, oraganizou xunto coas mestras de música dos coles un concerto que quedou ben bonito. Disfrutamos escoitando boa música e vendo unha obriña de teatro interpretado por varios compañeros do noso colexio.
Felicidades a todos e todas por facelo tan ben!!!!!!!!!!



viernes, 28 de mayo de 2010

MÚSICA, MAESTRO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

A última hora da mañá tivemos unha actividade ben chula na nosa clase. Visitounos Ribeira e José Mª ( pai da nosa compi Antía) para amenizarnos con música e baile da nosa terra. Trouxeron instrumentos como a gaita, frauta, pandeiro, tamboril, cunchas,..... Tocaron varias pezas e puidemos acompañar cantando, tocando palmas e ata bailando. Participou con eles Antía que o fixo moi ben. Estiveron con nós os compis de 2º coa súa titora e tamén a profe Fina F.
Disfrutamos moitísimo e gustaríanos que viñeran cando quixeran.

Moitísimas grazas por vir e facelo tan ben!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

martes, 25 de mayo de 2010

SUSO CUBEIRO E OS SEUS DEBUXOS

Na mañá de hoxe veunos visitar o ilustrador de libros, Suso Cubeiro. Non é a primeira vez que ven ao noso cole e sempre que o fai déixanos engaiolados co seu bo facer con fermosos debuxos. Foi cerca dunha hora e estiveron acompañándonos na nosa aula o alumnado de 5 anos e o de 2º xunto coas súas titoras.
Moitas grazas por facer tan sinxelo o arte de debuxar e pintar e por deixarnos unha mostra do teu bo facer con ese dinosaurio!!!!!


lunes, 24 de mayo de 2010

ROTEIRO POLA DESEMBOCADURA DO RÍO SOR

Esta mañá de luns fixemos unha camiñata de algo máis de unha hora por un tramo das Ribeiras do Sor: dende Negradas ata O Barqueiro. Fomos catro cursos de primaria (1º, 2º, 3º e 4º) con catro mestres. Tamén nos acompañou Noelia como nai de David.
Esta actividade fixémola aproveitando a data do calendario medioambiental que adica este día ao Día Europeo dos Parques Naturais e que xa tíñamos programada dende AMA e o Departamento de E.F. de primaria.Hai que lembrar que as Ribeiras do Sor están declaradas como Espazo Natural Protexido.
Tivemos un tempo estupendo con moita calor e a experiencia de pasear entre a natureza mezclando río, mar, bosque, rural, pobo mariñeiro e ganas de ver e aprender cousas diferentes foi moi positiva.
A verdade é que cando chegamos ao porto do Barqueiro xa había ganas de descansar e de tomar un tentempé. Está claro que todos e todas foron uns campeóns xa que fixemos o traxecto en algo menos de tempo do previsto.
Quedaron ganas de voltar a facer un novo roteiro para o vindeiro curso!!!!!!!!!!!!!



Esforcémonos todos e todas en poñer en valor a fermosa natureza da que estamos rodeados.

DÍA EUROPEO DOS PARQUES NATURAIS

Este día celébrase en toda Europa, en conmemoración da creación dos primeiros parques de Suecia no mesmo día do ano de 1909.

Cada ano hai varias actividades nas áreas protexidas do continente para facer fincapé nos valores naturais e culturais e para dar a coñecer a importancia de protexer esas áreas.

viernes, 21 de mayo de 2010

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: CERTAME "AS BOLIQUEIRAS"

Este venres foi a entrega de premios do III Certame das Boliqueiras. Nós presentamos un traballo que tiña que ver co tema proposto "divírtome coa lingua" e que levaba por título " Adiviñas da primavera". Fomos case toda a clase a recoller o 2º premio que nos deron na nosa categoría.
O acto estivo moi completo, veuno a presentar o escritor e mestre Antón Cortizas que tamén entregou todos os premios. Foi amenizando esta entrega con adiviñas ben graciosas.
Do noso cole tamén estaban nenos e nenas de outras dúas clases que resultaron igualmente premiadas e eran a de 2º de primaria e a de 5 anos de infantil xunto coas profes Oliva, Marita e Marga. Igualmente houbo un premio para un alumno de secundaria do noso cole.
Como remate deste acto puidemos ver unha obra de teatro titulada " Contos mariñeiros"que resultou moi entretida.
A verdade é que disfrutamos dun acto de recoñecemento da nosa lingua que mereceu a pena estar nel.
Moitas grazas a todos: alumnos, alumnas, pais e nais que se pasaron polo cine Alovi este venres.






jueves, 20 de mayo de 2010

SEMANA LETRAS GALEGAS : EXPOSICIÓN E OBRADOIROS

O xoves fomos ver unha exposición de artesanía no Mercado Vello promovida pola

Asociación de Artesáns do Eume na que vinculan ao poeta do Courel, Uxío Novoneyra, coa artesanía.

A exposición xira arredor da figura do homenaxeado, relacionando os seus poemas coas pezas dos artesáns nunha dualidade poesía-artesanía e abarca todo tipo de técnicas (pirogravado, torneado, talla de madeira, encaixe,...) e materiais (pedra, madeira, tecidos...).

Participamos nesta actividade o alumnado do 1º ciclo de primaria. Resultou moi didáctica, divertida e entretida. Puidemos elaborar unha flor reutilizando papeis de xornal e facer o noso nome nunha peciña de madeira por medio do pirogravado.Tamén agasallaron co libro recén presentado “Manuel na feira de artesanía”. Trátase dun conto infantil feito pola artesá Lourdes Acera.

Estivo todo xenial. Moitas grazas a todos estes artesáns pola paciencia e adicación.