lunes, 24 de mayo de 2010
DÍA EUROPEO DOS PARQUES NATURAIS
Cada ano hai varias actividades nas áreas protexidas do continente para facer fincapé nos valores naturais e culturais e para dar a coñecer a importancia de protexer esas áreas.
viernes, 21 de mayo de 2010
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: CERTAME "AS BOLIQUEIRAS"
O acto estivo moi completo, veuno a presentar o escritor e mestre Antón Cortizas que tamén entregou todos os premios. Foi amenizando esta entrega con adiviñas ben graciosas.
Do noso cole tamén estaban nenos e nenas de outras dúas clases que resultaron igualmente premiadas e eran a de 2º de primaria e a de 5 anos de infantil xunto coas profes Oliva, Marita e Marga. Igualmente houbo un premio para un alumno de secundaria do noso cole.
Como remate deste acto puidemos ver unha obra de teatro titulada " Contos mariñeiros"que resultou moi entretida.
A verdade é que disfrutamos dun acto de recoñecemento da nosa lingua que mereceu a pena estar nel.
Moitas grazas a todos: alumnos, alumnas, pais e nais que se pasaron polo cine Alovi este venres.
jueves, 20 de mayo de 2010
SEMANA LETRAS GALEGAS : EXPOSICIÓN E OBRADOIROS
O xoves fomos ver unha exposición de artesanía no Mercado Vello promovida pola
Asociación de Artesáns do Eume na que vinculan ao poeta do Courel, Uxío Novoneyra, coa artesanía.
A exposición xira arredor da figura do homenaxeado, relacionando os seus poemas coas pezas dos artesáns nunha dualidade poesía-artesanía e abarca todo tipo de técnicas (pirogravado, torneado, talla de madeira, encaixe,...) e materiais (pedra, madeira, tecidos...).
Participamos nesta actividade o alumnado do 1º ciclo de primaria. Resultou moi didáctica, divertida e entretida. Puidemos elaborar unha flor reutilizando papeis de xornal e facer o noso nome nunha peciña de madeira por medio do pirogravado.Tamén agasallaron co libro recén presentado “Manuel na feira de artesanía”. Trátase dun conto infantil feito pola artesá Lourdes Acera.
Estivo todo xenial. Moitas grazas a todos estes artesáns pola paciencia e adicación.
miércoles, 19 de mayo de 2010
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: TEATRO
Comezamos asistindo, este martes, a unha entretida obra de teatro no Alovi titulada "Dos pallasos en apuros" e que estaba promovida pola ANPA do noso centro. Foi moi divertida . Nela puidemos ver un Quijote e Sancho un tanto especiais, tamén representaron a un Guillermo Tell con moi pouca puntería e rematamos vendo unha parella de dentistas con moi pouca mañá. A verdade é que o bo humor estivo ben servido.
lunes, 17 de mayo de 2010
UXÍO NOVONEYRA : POETA GALEGO
É sumamente importante que esta homenaxe a este persoeiro sexa nun ano tan crítico para a nosa LINGUA, logo do seu poema "Letanía de Galicia".
É preciso que tod@s, galegos e galegas, recapitulemos co que está a pasar neste mundo de tanta incoerencia. Non sei o que será normal pero sí sei que, dende o ensino ( palabra ben fermosa, por certo) temos que facer a forza suficiente para que a nosa riqueza cultural, patrimonial, de sentemento, dos nosos antergos, dende o respeto, dende o amor, dende a tolerancia, dende a non permisividade, dende o profundo do noso ser.....sigamos mantendo VIVO o ben máis auténtico que é a nosa lingua : O GALEGO.
Fagámolo por xente como Uxío e tantos outros que traballaron en prol dela pero sobre todo fagámolo por nós mesmos e non perder a nosa verdadeira identidade.
Os nosos antergos merécenno e os nosos fillos igual.
NON O DEIXEMOS ESMORECER!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
17 DE MAIO EN COMPOSTELA
Hoxe foi un día moi especial. A climatoloxía acertou de pleno e a Plaza do Obradoiro, emblemática onde as haxa, encheuse de xente que queremos a nosa lingua e que reclamamos que se lle dé a importancia e valía que se merece. Nen máis nen menos.
Estivo ben estar alí, pero como ben dicía Uxío Novoneyra, estaba moito mellor non ter que estar.
viernes, 14 de mayo de 2010
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
O acto foi no Cine Alovi e alí fomos todo o colectivo de infantil e primaria do noso cole. Acompañáronnos moitos pais e nais.
A nosa clase de 1º actuamos cun baile moi movido que se chamaba "Move rock". Foi moi divertido ver as actuacións tan ben feitas que levaban todos os cursos.
Tamén esta mañá, pero na biblioteca do centro, fixemos entrega dos premios correspondentes ao Certame artístico literario co título "Aldeas das Pontes" e aos premiados no concurso de reciclado de AMA.
Move Rock from musicaxado on Vimeo.