Hoxe foi o día de remate deste curso de 2º. Ao longo da mañá celebramos unha merenda na aula e logo un festival con todos os compis de infantil e primaria. Foi unha mañá divertida e diferente ás demáis.
Disfrutade do verán e vémonos en setembro!!!!!.
Que teñamos todos e todas unhas vacacións estupendas!!!

As fotos non son do día de hoxe pero elexinnas porque parécenme perfectas para despedir o curso.
Este martes fomos de excursión toda a primaria do noso centro. Saímos ás 9 e cuarto e voltamos ás 8 da tarde. Foi unha xornada na que disfrutamos de varias actividades e que resultou moi completa para todos os que nela participamos.
O noso curso fixemos a viaxe nun microbús que nos levou primeiriño ata Burela onde puidemos ver o Barco Museo. Trátase dun vello barco boniteiro de madeira que agora está atracado no porto para que poda ser visitado por quen queira. Había un rapaz que explicaba de maravilla todo o que alí había. Logo fomos ata San Cibrao para ver e oir o que nos contaron no Museo do Mar. Outra visita ben interesante.
O xantar fixémolo no parque de Cantarrana, en Viveiro. Alí estivemos máis de dúas horas xa que comimos tranquilamente e con bo apetito, e tamén xogamos un bo anaco a varios xogos.
Antes de voltar para As Pontes fomos ata o eucaliptal de Chavín. É este un lugar con moita paz e onde un pode percibir a natureza en estado puro. A verdade é que entre o mar e o río non hai máis que pedir.
Foi unha experiencia ben bonita.
Disfrutade con estes vídeos. Son lugares dos que nós xa disfrutamos este martes na excursión da que falamos na outra entrada deste blog.
Eucaliptal de ChavínMuseo do Mar en San Cibrao
Sobran palabras, chegan as imaxes.ACTUEMOS XA!!!!!!!!!!Non chega co 5 de xuño, o ano ten 365 días. Cada un deles fagamos algo polo noso planeta,pola nosa vida. É imprescindible.