COMEZA A PRIMAVERA. DÍAS DA ÁRBORE, DA POESÍA E DA AUGA- 21 E 22 DE MARZO
- Día da Auga, proposto pola Conferencia da ONU
para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento en Rio de Janeiro, en 1992, e
adoptado pola Asemblea Xeral, o 22 de decembro do mesmo ano, no que se
recoñece a auga potable e o saneamento básico como un dereito esencial
para o desfrute da vida e de todos os dereitos humanos.
- Día da Árbore
-tamén chamado Día Forestal Mundial-, recomendado polo Congreso
Forestal celebrado en Roma en 1969 e aceptado pola FAO (Organización da
ONU para a Agricultura e a Alimentación), en 1971, como recoñecemento
aos múltiples servizos que prestan as árbores á vida e á actividade
humana, ademais do simbolismo que representan nas diferentes culturas.
- Día da Poesía,
adoptado durante a 30ª Reunión da UNESCO, celebrada en París en 1999 e
que se ven celebrando desde o 2000 en todo o mundo co obxectivo de
contribuir á defensa de todas as linguas do mundo a través da expresión
poética, denunciando, asimesmo, as privacións da liberdade de expresión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario