domingo, 31 de enero de 2016

CANCIÓNS PARA A PAZ


Estas son as cancións que estamos aprendendo para cantalas o venres 5 todo o cole no festival.







martes, 26 de enero de 2016

EDUCACIÓN POLO MEDIO AMBIENTE

Algunha actividade que fixemos hoxe tivo que ver coa data que estabamos a conmemorar. Desta maneira fomos a colgar na nosa árbore multitemática unhas pombiñas nas que escribimos distintos consellos medioambientais.




 Tamén transplantamos uns loureiros en testos máis grandes coa idea de que medren e podamos levalos ata as zonas do Bañal ou do antigo vertedoiro de Marraxón.









DÍA DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

Non son partidaria de adicarlle un Día a temas que son pura lóxica...pero xa que moitos e moitas fan máis caso das boas maneiras lembrando esas datas desta forma, pois aí vai unha imaxe que nos amosa o importante que é o coidado do noso Medio Ambiente.
Eduquemos dende a base...dende as familias...dende os coles...entre as amizades.
A NATUREZA É MOI SABIA: COIDEMOS DELA PARA QUE NON TEÑAMOS QUE ARREPENTIRNOS DO MAL QUE LLE FACEMOS.

XADREZ NA AULA

Hoxe foi a segunda sesión que tivemos xadrez na clase por un monitor especializado, Rafael, que ven do Círculo Ferrolán de Xadrez. A verdade é que estamos felices de que esta actividade tan importante vaia a estar con nós todos os luns ata rematar o curso.
 Xa vos iremos contando!!



jueves, 14 de enero de 2016

VISITAMOS A CAPELA: MUSEO ETNOGRÁFICO E COLEXIO

Este xoves tivemos unha xornada do máis interesante. Fomos os cursos de 2º e 3º de Primaria coas titoras e o mestre de E.F. xunto con dúas nais, ata A Capela. De entrada achegámonos ata o Museo Etnográfico que está ubicado nunha fermosa casa  e alí estaba Secundino agardándonos para amosarnos todo o que alí había. Aínda que no noso cole temos prácticamente todo, parecía como se nunca víramos certas cousas. Gustounos moito as explicacións de Secundino.
Á media mañá estabamos no cole xa que alí contaban con nós tanto Xabier, mestre responsable de Brinquedos, como nenos e nenas de 2º e 3º que ian facer de monitores cos nosos alumnos. Varios foron os xogos tradicionais que puidemos compartir e disfrutar no pavillón: as chapas, a corda, a mariola, o peón, os zancos, a zorregada...
Daba gusto o ben organizados que estaban eses nenos e nenas, e o limpo e ordeado que tiñan todo o recinto de xogos...Sempre se aprende con estas visitas.
Moitas grazas a todos e todas!!. Voltaremos outro día xa que quedaron cousas por ver como o Museo do Xoguete e do Xogo.