Hoxe foi un día diferente. Neste inverno era
o primeiro día de neve nas Pontes. Tamén era o día previsto para que
unha brigada contra incendios da zona de Ferrol se achegara ata o noso
cole para darnos unha charla informativa e fixeran unha demostración co
camión motobomba coa súa correspondente mangueira.
A
verdade é que a exposición na biblioteca dun conto e algún vídeo
explicando as consecuencias de non coidar os nosos bosques estivo moi
amena e completa. Grazas a Mónica, Antonio e a todos os que se achegaron
ata o cole nesta mañá tan fría e desapacible para estar con nós
amosando parte do seu importante traballo.